miércoles, 8 de junio de 2011

Galicia - Merluza en sidra

Ingredientes

4 rodaxas gordas de merluza,
zume de limón,
1/4 l de sidra,
1 cebola,
1 ovo,
1 ramiña de pirixel,
1 cullerada de améndoas reladas,
1 cullerada de coñac,
12 mexillóns,
Sal, Pementa, unha pizquiña de azucre.

Elaboración

Lávanse as rodaxas de merluza. Úntanse con zume de limón e colócanse nunha pota a vapor, bótase a sidra engadíndolle a sal e as cebolas cortada en aros. Tapamos e deixamos cocer a lume lento durante 10-15.minutos, aproximadamente. Cando estean, retiramos as rodaxas de merluza poñéndoas nun recipiente coidando que non enfríen. Por outra banda pásase a sidra de cocer a merluza por un coador, bótase nun recipiente a lume normal e deixase que merme un pouco. Bátese o ovo e mestúrase co pirixel picado moi miudiño, coas améndoas reladas e unha cullerada de coñac. Engádese todo na sidra revolvendo sen parar deixase espesar un pouco. Nesta salsa se poñen a quentar os mexillons cocidos sen a cáscara, e mírase de sal. As rodaxas de merluza sírvense cubríndoas coa salsa dos mexillons. A cremosa salsa da sidra donde vai a merluza pode ir acompañada con puré de pataca. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario